Así é o novo Museo Mundo Estrella Galicia


  • Foi inaugurado este mércores coa presenza do presidente da Xunta, o delegado do Goberno en Galicia e o presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso

Durante a inauguración do museo, Feijóo aseverou que, ademais de ser o sitio onde coñecer a historia da familia Rivera, nel pode coñecerse a auga de Cecebre, o lúpulo que crece nas Mariñas, os diferentes tipos de malta de cebada, e o lévedo que se importa desde Alemaña. Ademais da antiga sala de caldeiras de cocción, das etiquetas, as latas, a publicidade e os patrocinios.

“Estamos a falar, en definitiva, de máis de 2.500 metros cadrados en catro plantas, nas que se respira historia da nosa terra”, abundou, facendo fincapé en que, neste museo se recollen os mellores recordos da cervexeira e tamén de Galicia.

O titular do Goberno galego concluíu trasladando os parabéns a todo o equipo de Estrella Galicia, pola súa labor, pola ambición de seguir sendo os mellores e por ver á Comunidade como un lugar apto para investir de todas as formas posibles. Ao respecto, recordou tamén a reserva de 500.000 m2 solo empresarial por parte da compañía no polígono de Morás, en Arteixo.

González Formoso destacou que o MEGA “é unha excelente exemplo do espírito emprendendor dos coruñeses, fieles a unha idea, a uns principios e a unha forma de entender a empresa que madurou e evolucionou durante máis dun século e que hoxe é un orgullo para todos e leva o nome de Galicia por todo o mundo”.