O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar manter o nivel máximo de restricións no concello do Grove apartir do día 14.
Así mesmo, tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Cee, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo, Culleredo, Oleiros, Sada, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ferrol, Muros, Ames, Ribeira, Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove, Outeiro de Rei, O Barco de Valdeorras, Verín, Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra de Miño , Tui, Vigo, Arbo, As Neves e Tomiño.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Cabana, Coirós, Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda, Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene, Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago de Compostela, Teo, Valga, Carnota, Oroso, Rianxo, Silleda, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Sarria, Vilalba, Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo de Limia, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles, Allariz, A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Catoira, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, Mos, O Rosal, Cangas, Ponteareas e Salceda de Caselas.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 14 de agosto.