43
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños – AXOBER- adaptou a Axober Work Party á situación sanitaria propoñendo para este ano unha xuntanza online na que, o tema de debate foi “O estado da nosa economía despois da COVID”.
E para falar da situación económica actual e das previsións a curto e medio prazo contouse con dúas persoas de referencia a nivel nacional e internacional: José María Gay de Liébana y Saludas e Santiago Lago Peñas, ademais da intervención do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e o presidente de Axober, Isidro Varela. Todo estivo perfectamente presentado e moderado polo veterano xornalista Luís Fraga.