Así funciona Pegasus para «pinchar» os teléfonos móbiles

  • Se crías que falar polo móbil che daba privacidade, estás equivocado. Hai tempo que existen programas invisibles para «violar» esa privacidade.
  • A compañía NSO vende Pegasus, un sofisticado programa capaz de entrar nos teléfonos móbiles de forma case invisible accedendo a todos os recunchos do teléfono, incluída a mensaxería encriptada.

Trátase de spyware, un programa informático de espionaxe, que contrariamente á maioría deles non necesita ningunha acción do usuario (como abrir un arquivo adxunto ou proporcionar datos dunha conta). Penetra nos teléfonos Android, iPhone ou Blackberry de forma totalmente invisible para o usuario e unha vez instalado é capaz de acceder a todos os seus datos, ademais de activar a cámara ou o micrófono, a xeolocalización e «ler» o contido da mensaxería supostamente encriptada como Telegram ou WhatsApp.


Pegasus é capaz de entrar no teléfono desde varias das fallas de seguridade que presentan. A súa existencia é coñecida en medios especializados desde 2016, saíu á luz durante o asasinato do xornalista saudita Jamal Khashoggi e sospeitábaselle detrás doutros casos. O que revela o Proxecto Pegasus é o alcance desta espionaxe. Para corroborar as informacións a ONG Amnistía Internacional e o laboratorio canadense Citizen Lab realizaron unha análise forense de algo máis de 43 teléfonos e atoparon que no 85% dos casos o teléfono estaba infectado por Pegasus ou se tentou instalalo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha