61
O novo presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, desvelou este domingo os nomes que faltaban por coñecer da cúpula da súa nova dirección Executiva, que contará con cinco vicesecretarías. Feijóo anunciou tamén outros nomes da súa confianza, como Marta Varela como a súa xefa de gabinete e Mar Sánchez Sierra (a súa actual secretaria xeral de medios na Xunta) como o seu responsable de proxección e imaxe. Ademais, Carmen Navarro será a directora xeral de finanzas. Aínda faltan por desvelar, algo que se espera para máis adiante, os nomes das vicesecretarías xerais.
Así queda a nova cúpula do PP de Feijóo:
- Presidente: Alberto Núñez Feijóo.
- Secretaria xeral: Cuca Gamarra.
- Coordinador xeral: Elías Bendodo.
- Vicesecretario de Institucional: Esteban González Pons.
- Vicesecretaria de Políticas Sociais: Carmen Navarro Lacoba.
- Vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local: Pedro Rollán.
- Vicesecretario de Organización Territorial: Miguel Tellado.
- Vicesecretario de Economía: Juan Bravo Baena.
- Presidente do Comité Electoral: Diego Calvo.
- Presidente do Comité de Dereitos e Garantías: José Antonio Monago.
- Directora xeral de Finanzas: Carmen Navarro.
- Área de Proxección e Imaxe: Mar Sánchez Sierra.
- Directora de Gabinete: Marta Varela.