Así será o novo DNI europeo


O novo DNI europeo incorpora a bandeira azul coas 12 estrelas amarelas da Unión Europea na parte superior esquerda xunto á bandeira e o nome oficial do país de orixe do titular. Amais do español, utiliza outro idioma oficial comunitario, nos expedidos en España será o inglés, para indicar que é o documento de identidade. O novo DNI ten as mesmas dimensións que o actual, pero introduce elementos de seguridade de última xeración para dificultar a súa falsificación. Ten maior capacidade de almacenaxe no chip do reverso e servirá para demostrar a identidade dixital dos cidadáns en xestións burocráticas, pagamento de impostos ou multas e compras por Internet. Axiña estará lista unha aplicación que permitirá levalo no móbil. O próximo 2 de agosto remata o prazo dado pola Unión Europea para que os países membros implanten o novo DNI 4.0, que será igual para os cidadáns dos 27 Estados comunitarios.