Aínda que as verbenas terán que esperar, as orquestras están a lume de biqueira de ideas para cando todo isto da pandemia nos deixe, poñer en práctica o seu mellor repertorio. É o caso da Orquestra Os Satélites, que acaba de sacar unha cumbia moi bailonga bautizada «me encanta» e interpretada polo seu vocalista canaria, Alba Navarro.
A orquestra «Os Satélites» fundouse no ano 1938 na Coruña, por un dos mellores saxofonistas de Galicia Manuel Otero Mariñas e Jaime Camino, cantante, actor e produtor de cinema. Os músicos que se foron incorporando á orquestra proviñan na súa maior parte das bandas militares nas que tocaban durante a guerra. Ao finalizar esta, comezaban as súas andanzas musicais en revistas de teatro, pero aquela vida de provincia en provincia era moi dura para eles e a familia, por iso para a formación da orquestra escolléronse aos mellores músicos porque, a parte de dedicarse ás festas e verbenas, tamén a encamiñaban ao acompañamento de artistas nas súas xiras polo norte de España.
A orquestra fundouse co ánimo de conseguir unha agrupación en que a calidade musical fose a súa principal característica, característica que hoxe en día segue sendo o principal aceno de identidade da orquestra «Os Satélites».