Asinada a acta de replanteo para as melloras de camiños municipais de Malpica

Este martes asinouse a acta de replanteo para o inicio das obras de melloras de camiños municipais de parcelas agrícolas de Malpica: o camiño de Pontella ata o Oratorio de Mens e o camiño de Oratorio ao río de Vaa. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga e o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández, reuníronse coa empresa adxudicataria  para formalizar o inicio das obras e posteriormente visitaron os camiños onde se realizarán as melloras. A empresa de mantemento forestal MG S.L será a encargada de realizar estes traballos que contan cun orzamento de 64 mil euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha