- Desenvolverán a súa actividade nos areais de Area Maior e Canido do 17 de xuño ao 11 de setembro
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinou este venres a oferta de emprego de seis postos de socorrista que desenvolverán o seu traballo nas praias de Area Maior e Canido do 17 de xuño ao 11 de setembro. As persoas interesadas dispoñen de 8 días naturais desde a publicación da oferta para presentar a súa solicitude, que poderá formalizarse a través da sede electrónica ou de xeito presencial nas oficinas do Concello de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas.