A rúbrica, telemática, puxérona polo Goberno a vicepresidenta cuarta do Goberno de España e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, e a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz; do outro lado da mesa (virtual), representantes das empresas propietarias de centrais térmicas de carbón en proceso peche, Endesa, Iberdrola e Naturgy, e das secretarías xerais dos sindicatos CCOO Industria e UXT FICA.
O documento, segundo o gabinete de Transición Ecolóxica, recolle «os compromisos de cada unha das partes para apoiar aos traballadores e os territorios das zonas afectadas polo peche de centrais térmicas», que se sitúan, ademais de en Galicia, en Aragón, Andalucía, Castela e León e Principado de Asturias. O Goberno sinala que os seus «focos de actuación prioritaria son o mantemento do emprego nos territorios e a súa dinamización económica e industrial, ligados ao despregamento de enerxías renovables e outros proxectos».