Asinado o acordo para a adenda da intermodal entre o Concello de Vigo, Xunta e Adif

Concello de Vigo, Xunta e Adif asinaron a adenda para os novos accesos do complexo intermodal e Vialia, en Urzáiz. A rúbrica chega só uns días despois de que o Consello de Ministros dese o seu visto e prace ao engadido que implicará a construción de viais de acceso á intermodal e a urbanización dos espazos da contorna. A actuación suporá un investimento de máis de 20 millóns de euros.