Este venres 7 de xullo terá lugar o pleno de investidura nos concellos que aínda non puideron celebralo aínda: Corcubión (por mor do voto pintado, e os concellos pertencentes o Partido Xudicial de Noia (por un recurso presentado polo PSOE nos concellos do Partido Xudicial de Noia).
Os resultados das eleccións en Muros deixaron o PP como forza máis votada, e o BNG que protagonizaba unha subida poderosa, superaba ao PSOE. Xa ao longo da semana previa ao teórico pleno de investidura do 17 de xuño xa daban por feito o pacto entre BNG e PSOE en Muros para investir alcaldesa a María Lago, e esta semana rubricouse finalmente o acordo entre ambas formacións, á espera de que fagan público as condicións do mesmo. María Lago collerá o bastón de mando o venres 7 de xullo ás 10:00h.
Por Corcubión, trala resolución polo TSXG do asunto do voto pintado, dando a razón ao PP, está todo listo para que Francisco Javier Domínguez Traba, “Dro” (BNG) sexa investido como alcalde da vila o venres ás 12:00h, tras conseguir envorcar os resultados de 2019 e ser a forza áis votada.