Asinado o contrato de execución das obras xunto o Concello e á igrexa de Culleredo

1 minutes read

A Deputación da Coruña porá en marcha proximamente as obras de mellora da seguridade viaria nun tramo da estrada provincial DP-3109 e outro da DP-1705 nas inmediacións da Casa do Concello de Culleredo. A actuación afectará a un treito de 215 metros da primeira (entre os puntos quilométricos 2,6 e 2,8), dos que 140 metros forman parte da rúa do Concello e os 75 restantes correspóndense coa rúa de José Ramallo. En canto á segunda, comprenderán os primeiros 99 metros da vía, integramente na rúa do Concello.

Agora asinouse o contrato para a execución dos traballos, adxudicados á empresa Prace Servicios y Obras por 352.415,78 euros. Servirán para solucionar problemas actuais coma o ancho insuficiente da parte destinada ao tráfico, o deterioro do firme ou a falta de zonas de tránsito peonil seguro.

En canto ás redes de pluviais, saneamento e alumeado público, renovaranse e adecuaranse en función das necesidades actuais. O novo mobiliario inclúe bancos de formigón e madeira, papeleiras de fundición dúctil, unha varanda de aceiro inoxidable que substituirá á que existe agora no lugar, varios aparcabicicletas tamén de aceiro inoxidable e bolardos de 1,20 metros de altura. Nas escavas, plantaranse exemplares de carballo cun perímetro de tronco entre os 18 e os 20 centímetros.

O prazo de execución dos traballos é de catro meses, contados a partir da firma da acta de traza de planta.