Asinado o contrato de reparación de varias rúas de Carballo

1 minutes read

A empresa Excavaciones Pose vén de asinar o contrato para a execución das obras de mellora das rúas Nébedas, Lirios, Fiúnchos e Xestas, na zona da Cristina, e Buxos, na de San Cristovo. O Concello dálle así prioridade ao acondicionamento das rúas que se utilizaron como alternativa para o tráfico rodado durante a execución dos traballos na rúa Barcelona e na Avenida das Flores, e que, debido ao incremento da circulación, quedaron deterioradas.

Nestes momentos tamén están en execución as obras de reforma integral da rúa Bos Aires, as de eliminación de barreiras arquitectónicas na Vázquez de Parga e na zona da Milagrosa e as de mellora da seguridade en 43 pasos de peóns, con elas chega a distintos barrios urbanos o proceso de mellora dos servizos urbanísticos, da mobilidade e da calidade urbana que están a marcar a transformación de Carballo nos últimos anos.