Asinado un convenio para a construción dun novo centro de saúde en Teo

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde Teo, Rafael Sisto, asinaron un convenio de colaboración que permitirá a construción dun novo centro de saúde no concello de Teo. No convenio, a Administración autonómica asume o compromiso de contratación do proxecto e obra, mentres que o concello asume o de realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios a fin de posibilitar a cesión da parcela que contará con aproximadamente 10.460 m2, ademais de asumir a exención do IBI e a recoller a bonificación do 95% para obras de especial interese municipal e dar á obra do novo centro dita consideración. O novo centro de saúde finalmente construirase no lugar da Ramallosa, ubicación que se considera a mellor para poder atender á poboación teense, decisión á que se chegou despois de manter distintas reunións nas que quedou patente a necesidade de manter en funcionamento o actual centro de saúde dos Tilos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?