Asinado o convenio para construír un novo centro médico en Malpica

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga (esquerda), e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesañan(dereita)_Sergasdida

  • As instalacións duplicarán a actual, contando con salas de mostra e urxencias, unha consulta para enfermería pediátrica e zona de estar para os profesionais.
  • O centro tamén contará cun facultativo especialista en atención primaria con praza fixa desde setembro.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga asinaron na mañá deste venres un protocolo de colaboración para a cesión dos terreos de cara á construción dun novo centro de saúde na localidade. Agora, o Concello xa pode comezar cos trámites urbanísticos e expropiatorios necesarios para ceder unha parcela de aproximadamente 1.800 metros cadrados, o que permitiría á Xunta edificar un centro de saúde de preto de 1.000 metros cadrados en planta baixa duplicando o actual.

O novo centro médico permitirá habilitar unha sala de toma de mostras, unha de urxencias e unha outra de técnicas separadas, ademais dunha sala de espera aparte. Tamén se ampliará a área pediátrica e haberá outra consulta para enfermería pediátrica, unha sala de espera específica e uns aseos diferenciados para esta zona. As instalacións propias dos profesionais tamén mellorarán contando, por primeira vez, cunha salsa de estar, uns vestiarios ou un despacho de coordinación.

Pero esta infraestrutura non será o único avance xa que Malpica contará un novo facultativo especialista en atención primaria con praza fixa desde setembro.