No acto participaron representantes de todas as administracións involucradas, a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Sada, Benito Portela. Ao acto tamén acudiu o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. O horario provisional de visitas este verán será de martes a xoves polas tardes e venres e sábados todo o día, mentres que os domingos será de mañá. O protocolo prevé que a Xunta se ocupe dos temas relacionados coa cultura no pazo, o Concello da Coruña asuma a difusión dos traballos e a Deputación coruñesa colabore na promoción cultural. O Concello de Sada establecerá as condicións de acceso aos xardíns e a Administración Xeral do Estado coordinará ás institucións e será a encargada da custodia, vixilancia e conservación do inmoble.
Asinado o protocolo de actuacións das administracións para a xestión no Pazo de Meirás
Cedida.