Evencio Ferrero, en representación do Concello de Carballo, e Marcos Díaz, de Nissan Antamotor, asinaron un convenio de colaboración para o V Festival Carballo Interplay. O concesionario, achegará dous coches que serán utilizados como vehículos oficiais do festival entre os días 2 e 8 deste mes de abril.