Asinado un convenio para ampliar o número de voos a Madrid desde Alvedro

1 minutes read

Este martes tivo lugar no pazo municipal de María Pita a sinatura do convenio de colaboración entre o Consorcio de Turismo, a Cámara de Comercio e Iberia para ampliar o número de voos a Madrid. No acto de sinatura, participaron a alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, o presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, e o director de Vendas e Acordos Comerciais Institucionais de Iberia, Víctor Moneo.

Este acordo, a través do cal se realiza desde o pasado 17 de novembro e durante tres meses unha experiencia piloto desde A Coruña, implicará o aumento da conectividade aérea con Madrid nun 50% e daralles a posibilidade ás coruñesas e aos coruñeses de iren e volveren á capital do Estado no mesmo día e varias veces por semana. Neste acordo de colaboración, o Consorcio de Turismo achega 150.000 euros, a Cámara de Comercio da Coruña 50.000 euros e a aeroliña Iberia valora o seu risco en 500.000 euros.