Asinado un protocolo para a construción dun novo centro de saúde en Abegondo

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, asinaron un protocolo de colaboración, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde neste concello. O acto contou, así mesmo, coa presenza do delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor López. Unha vez rematada a sinatura, o conselleiro de Sanidade, acompañado do alcalde e do delegado da Xunta, visitou a parcela onde se ubicará o novo centro da rede do Sergas. Esta nova construción vai permitir renovar unha infraestrutura, como o centro de saúde de Abegondo, que ten xa máis de 35 anos, e, ademais, vai ter unha disposición que permita unha atención máis integral a preto de 5.000 pacientes.