Mostra de Olería de Buño | Clausurada a edición máis vistosa e concorrida dos últimos anos


A Mostra de Olería de Buño foi este venres o epicentro de concurrencia de público máis destacado da Costa da Morte. Dende primeiras horas da mañá, a pesar do forte vento do nordés, centos de persoas desfilaron sen parar polas casetas ubicadas a tal efecto no centro da vila. Pero foi pola tarde cando se congregou a maior cantidade de xente, en parte tamén debido á ampla oferta de actividades paralelas que se desenvolveron neste día ao redor da Mostra. Ao final da xornada deste venres, no meridiano da edición deste ano, todo eran encomios e alegría polo acerto da organización á hora de elixir a programación. A emisora Novahit foi testemuña directa e participativa de todo o que alí aconteceu. Polo stand da radio pasaron diferentes personalidades, que contaron as súas impresións, outras moitas pasarán este sábado. Ao peche desta edición estaba a celebrarse a presentación do libro “Buño de Seu”, da moza carballesa, María Barca. Acto seguido, tralo peche das casetas, tivo lugar a actuación musical dos Tres Soles del Paraguay con Sito Sedes.

Este sábado, tras a apertura das casetas, tivo lugar a presentación do libro Dolores Cancela Pérez, “Cancioneiro de Buño”, do autor Xosé M. Varela Varela, e que contou coa asistencia de numeroso público así como autoridades, entre elas o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña. Tras a presentación, realizaron un vistoso percorrido polas casetas da Mostra. Comesaña aproveitou a invitación para dirixirse á audiencia de NovaHit durante uns minutos, onde ademais foille entregado pola dirección da emisora unha peza de Olería de Buño. Xa pola tarde multiplicouse de novo a asistencia de visitantes que participaron nas numerosas actividades e contribuíron á compra de diferentes pezas de barro. Pola noite as actividades de baile, unha sesión de fogos de artificio e unha gran queimada puxeron o peche final a outra xornada de éxito da MOB-22.

Buño clausurou este domingo a edición número 38 da súa Mostra de Olería. Dende o Concello de Malpica queren agradecer o apio económico da Diputación de A Coruña para poder facer posible a Mostra máis completa dende  a pandemia e sobre todo que a xente se anime a seguir vindo a Buño a mercar a olería durante todo o ano. As casetas abriron ás 11 da mañá. Dentro das actividades programadas houbo un Torneo de fútbol feminino e masculino, representacións teatrais, demostración ao Torno, pasarrúas, xogos, misa con procesión e sesión vermú.

O UDC Cerqueda foi o gañador absoluto da competición futbolística. Pola mañá, o alcalde, Eduardo Parga, entregou o Trofeo da Mostra ás campioas do UDC Cerqueda e Alfredo Cañizo, tenente alcalde do Concello de Malpica e concelleiro responsable da Mostra entregou o trofeo o UD Xuvenil de Almeiras. Xa pola tarde, Noelia Freijeiro, concelleira de Deportes, entregou o premio o equipo campión masculino, UD Cerqueda. Eduardo Parga, alcalde de Malpica, entregou o trofeo ao Buño SCD que quedou de segundo e Alfredo Cañizo, tenente alcalde e concelleiro responsable da Mostra de Olería ao terceiro clasificado Sporting Seaia CF.

Protagonistas da MOB-2022.

Julio García Comesaña. Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.
Eduardo Parga, Alcalde de Malpica.
Alfredo Cañizo, 1º Tenente de Alcalde e concelleiro da Mostra.
Fran Gorín, presidente dos Oleiros de Buño.
D. Manuel, Cura Párroco de Buño.
Sito Sedes, músico.