Asociacións e particulares piden que se revise a normativa das hortas no estado de alarma

1 minutes read

Non se consideran unha actividade esencial, ao ser produtos de consumo doméstico. E na resolución da Consellería do Medio Rural, do 23 de marzo, establécese que os cultivos de autoconsumo se poden atender sempre e cando non requiran dun desprazamento superior aos 500 metros. Ante esta situación, numerosas asociacións e particulares solicitaron, desde a plataforma Change.org e por outras vías, que se reconsideren estas limitacións. Entenden, entre outras cousas, que é máis seguro ir á horta, que ao supermercado. Máis de 500 organizacións, desde asociacións de produtores a sindicatos agrarios e grupos ecoloxistas, lévanse dirixido ao Ministerio de Agricultura para que reformule as medidas que afectan a produción agropecuaria a pequena escala. Ven incongruencias nas solucións adoptadas polas distintas administracións.