Asperga recibe preto de 45.000 € para a atención e o apoio de persoas enfermas e as súas familias

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse por videoconferencia coa xerente da Asociación Galega de Asperger (Asperga), Marisol García Peralta.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse coa directora da entidade, Marisol García, para trasladarlle o seu apoio na semana na que se conmemora o Día Internacional da Síndrome de Asperger.

Esta entidade, que forma parte da Federación Autismo Galicia, conta con sedes na Coruña e en Santiago e atende a máis de 200 familias de toda a Comunidade. O Goberno galego destinou 20.600 euros a Asperga na orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF e, tamén lle concedeu outros 23.000 euros para a reforma dun local durante o pasado ano.

Fabiola García agradeceulle a Asperga o seu labor no acompañamento das persoas coa Síndrome de Asperger ao longo de toda a súa vida. Un labor para o que, sinalou, contan co apoio incondicional da Xunta de Galicia. Neste sentido, lembrou que no ano 2021 o Goberno galego incrementou nun 5% o investimento para a posta en marcha de oito novas unidades de atención temperá.