AstraZeneca cambiou o nome á súa vacina contra o coronavirus en plena onda de descrédito polos posibles efectos adversos relacionados coa mesma. Tras solicitar permiso á Axencia Europea do Medicamento (EMA), esta deu o visto e prace para que o antíxeno pase a chamarse Vaxzevria. Os casos de tromboses detectados nalgunhas persoas que recibiron este antiviral provocaron un parón das inxeccións co composto das farmacéutica en Europa. Tras avaliar a situación, a EMA ditou que a vacina era «segura, eficaz e os seus beneficios superan os riscos». O cambio de nome sería unha estratexia empresarial para superar a crise de desconfianza xerada polos casos de tromboses con trombocitopenia que se rexistraron en pacientes de varios países tras recibir a dose. Aos poucos os países volven administrar a vacina – Vaxzevria desde agora– e mesmo nalgún caso como o de España modificaron á alza as idades dos pacientes aos que se lle administrará, que poderán ter ata 65 anos.
35
