35
A decisión foi tomada despois de coñecerse os últimos brotes de coronavirus hospitalarios no País Vasco, e a pesar de que o propio presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, asegurase que o brote en Euskadi non era un «incoveniente» para reabrir as fronteiras. O xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que comparte e comprende a decisión do presidente da Asturias, Adrián Barbón, de non abrir a mobilidade entre o Principado e Galicia, e avisou do risco de que a partir do día 21 de xuño se poida circular entre comunidades autónomas que están en distintas fases da desescalada.