A proximidade das eleccións xerais do 28 de abril cos inminentes comicios municipais, autonómicos e europeos do 26 de maio provocou que este segundo proceso electoral pasase nas últimas semanas máis ben desapercibido a efectos políticos e mediáticos. Pero tamén no que atinxe ao voto por correo, cuxo prazo de solicitude abriu tras a convocatoria das eleccións do 26M, o 2 de abril, en plena carreira cara ás urnas das xerais.
Unha vez pasada a cita electoral do 28A e ás portas da campaña do 26M o certo é que os prazos do voto para participar por correo na elección das novas corporacións municipais, algunha autonomia e mais do novo Parlamento Europeo están máis axustados. O primeiro e máis inmediato, o de solicitude, finaliza o 16 de maio.