Ata o 2 de agosto podes inscribirte no curso de cociña da Escola Municipal de Hostalaría

dpm.

  • O proceso de selección dos/as 15 alumnos/as constará de tres probas eliminatorias
  • O curso estará dirixido polo cociñeiro Fernando Agrasar

As persoas interesadas poderán presentar ata o día 2 de agosto -a través do Rexistro Municipal, os rexistros auxiliares ou o telemático- a folla de solicitude, que estará dispoñible nas oficinas municipais do segundo andar do Fórum e tamén na páxina web do Concello de Carballo, na que tamén poderán descargarse as bases completas do proceso de selección de alumnado.

Para formarse na Escola de Hostalaría de Carballo só é preciso ter 18 anos cumpridos e posuír unha titulación mínima de graduado en ESO ou equivalente. A acción formativa terá unha duración total de 1.150 horas, previsiblemente comezará en outubro e desenvolverase nas instalacións do Fórum Carballo en horario de 08.30 a 14.30, de luns a venres. Dentro desa formación inclúense 240 horas de prácticas en empresas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha