19
Potenciar a gastronomía, a hostalería e dinamizar outros sectores da cidade. Con ese obxectivo o Concello, en colaboración con hostaleiros de Betanzos, celebra dende este pasado venres e ata o día 10 de decembro a XI edición da “Semana do Pincho” na que participarán 20 establecementos. A través do certame os hostaleiros optarán ao premio ao mellor pincho e a un premio “popular” que sairá dos votos emitidos polas persoas que durante os próximos días degusten os petiscos. Os prezos dos petiscos irán desde 2 a 3,80 euros.