Ata o día 10, XI edición da ‘Semana do Pincho’ de Betanzos

Potenciar a gastronomía, a hostalería e dinamizar outros sectores da cidade. Con ese obxectivo o Concello, en colaboración con hostaleiros de Betanzos, celebra dende este pasado venres e ata o día 10 de decembro a XI edición da “Semana do Pincho” na que participarán 20 establecementos. A través do certame os hostaleiros optarán ao premio ao mellor pincho e a un premio “popular” que sairá dos votos emitidos polas persoas que durante os próximos días degusten os petiscos. Os prezos dos petiscos irán desde 2 a 3,80 euros. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha