A sede de Podemos en Cartaxena sufriu un ataque con material explosivo, segundo denunciaron o secretario xeral do partido, Pablo Iglesias, e o deputado da formación violeta pola Rexión, Javier Sánchez Serna. «Esta noite a extrema dereita foi un paso máis aló e atacou a sede de Podemos Cartaxena con material explosivo», advertiu Sánchez Serna. O deputado publicouno nun chío acompañado por un vídeo no que se aprecia como lanzan un artefacto inflamable á sede de Podemos na cidade portuaria. «Hai uns meses PP e VOX negáronse a apoiar unha declaración de condena polo último ataque», segundo Sánchez Serna. «Malditos sexan os que branquean o fascismo cada día», conclúe.
‼️Esta noche la extrema derecha ha ido un paso más allá y ha atacado la sede de PODEMOS Cartagena con material explosivo.
Hace unos meses PP y VOX se negaron a apoyar una declaración de condena por el último ataque.