Atacan con pintadas a sede do PSOE de Vimianzo

1 minutes read

Coas frases de “Sánchez Judas” e “Rebaño”, foi como amenceu este venres a sede socialista de Vimianzo. Bernardo Fernández, secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña, condenaba estes feitos, considerando que este “non é un ataque ao PSOE, senón á democracia”. “Actos así son inadmisibles nunha sociedade democrática”, engadía.

Os socialistas fan un chamamento a poñer fin “aos discursos de odio que fomentan comportamentos hostís contra os partidos políticos democráticos e os seus membros”.

“As discrepancias e as diferenzas políticas nunha sociedade aberta e respectuosa hai que abordalas sempre a través do diálogo e da comprensión, afastándonos dos comportamentos irracionais que debemos enfrontar e rexeitar dende todas as institucións para protexer os valores democráticos da sociedade”, remataba o PSOE.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?