Atacan cun dron bomba ao primeiro ministro de Irak


Mustafa Al Kazemi, afirmou este domingo que se atopa ben despois dun ataque con dron bomba dirixido contra a súa residencia no centro de Bagdad. A Zona Verde atacada, na que se atopa a residencia do primeiro ministro, é unha área fortificada no centro de Bagdad, que concentra ademais un bo número de edificios gobernamentais e embaixadas estranxeiras. O mandatario convidou ao “diálogo construtivo” tras un momento de gran tensión polos resultados das eleccións lexislativas do pasado 10 de outubro.