Ataque talibán ás oficinas da ONU en Afganistán

0 minutes read

Os talibáns e as forzas afgás libran unha feroz batalla na cidade de Herat, ao oeste do país. Ademais do asedio talibán, este sábado produciuse un segundo ataque ás oficinas da ONU, onde este venres houbo unha vítima mortal e varios feridos. O ataque foi condenado de forma enérxica pola ONU. En Afganistán, os talibáns aumentaron a súa ofensiva, recruando nas últimas horas os combates en zonas de Herat, Lashkar Gah e Kandahar, tres grandes cidades do sur e do oeste do país, onde tratan de gañar terreo ás forzas gobernamentais afgás.