Ataque terrorista en Londres: varios apuñalados e o autor abatido

dpm.

Un home foi abatido pola policía nun incidente «relacionado co terrorismo» no barrio de Streatham, no sur de Londres, segundo a Policía Metropolitana. Varias persoas foron apuñaladas no incidente en Streatham High Road. As testemuñas describiron que o atacante levaba o que parecía un chaleco suicida. Segundo Scotland Yard, o ataque «garda relación co Islam».

«Atopouse un dispositivo atado ao corpo do sospeitoso e asistiron oficiais especializados. Colocáronse cordóns e estableceuse rapidamente que se trataba dun dispositivo falso», explicou máis tarde a Policía. Segundo medios locais, o atacante estaba baixo vixilancia policial activa e acababa de saír de prisión, condenado por delitos terroristas no momento do ataque.