45
Tres persoas faleceron, dúas delas policías, ademais do suposto terrorista, que morreu ao explotar o artefacto que levaba, mentres que un segundo explosivo foi detonado cando os policías acudiron ao lugar tras a primeira explosión. O presidente de Colombia, Iván Duque, repudiou este ataque que tachou de terrorista: «Isto é un acto miserable, covarde, terrorista que obviamente nos enluta. Imos seguir crebando todas esas estruturas do narcotráfico no noso país. E doutra banda ‘a miña solidariedade profunda coas familias dos policías’. Mentres prosegue a investigación, as operacións no aeroporto de Cúcuta foron suspendidas.