Unha muller de mediana idade pertencente ao concello de Ponteceso, sufriu un desmaio sobre as 11 e media da mañá deste luns na céntrica rúa Fomento en Carballo. Foi un particular que deu a voz de alarma ao 112 tras ver caer na acera a unha muller sen motivo aparente. Ao lugar dos feitos acudiu unha patrulla da Policía Local e unha ambulancia do 061 que trasladou á persoa afectada ao centro médico da localidade para ser atendida.