30
O 061 en colaboración con Protección Civil de Muxía acudiron na mañá deste sábado ao traslado dunha muller que se sentiu indisposta cando estaba a realizar o Camiño dos Faros a altura da zona da Praia da Arnela, en Muxía. Tras ser atendida polos efectivos sanitarios no lugar, posteriormente foi evacuada en ambulancia ao PAC de Cee para a súa avaliación.