Atendidas dúas persoas en Entrecruces, Carballo, pola mala combustión dunha estufa

1 minutes read

Ás 00:20 horas deste luns, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba ao 112 Galicia da situación. Comunicaban que lles chamara unha muller indicándolles que, na casa, situada no lugar de Casaldares, na Baixa de Entrecruces, estaban os tres mal; ela, o marido e a súa filla. Sospeitaba que unha estufa de gas podería ser a causa. Na vivenda residían estos tres membros da familia, pero só dous deles, unha muller e a súa filla de 9 anos precisaron ser trasladados, ao presentar síntomas de intoxicación.

Tras recibir as oportunas recomendacións por parte do facultativo sanitario, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Carballo, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Tamén foi informado o persoal da empresa subministradora do gas.

Nada mais chegar á vivenda, os Bombeiros procederon a realizar as medicións pertinentes, que resultaron negativas. Sen embargo, tras repetilas ao entrar noutro habitáculo no que había unha estufa de leña, alí si deron positivas, polo que, os Bombeiros confirmaron que os síntomas causados aos residentes foron debido á mala combustión da estufa de leña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?