Atendidos dous nenos con lesións oculares causadas por xeles hidroalcólicos


No Complexo Hospitalario de Santiago atenderon nos últimos días dous casos de nenos con lesións graves nos ollos causadas polos xeles hidroalcólicos. Os seus pais leváronos ao servizo de urxencias pediátricas con queimaduras ocasionadas por eses produtos empregados para combater a covid. Os oftalmólogos alertan do risco destes produtos e advirten que algunhas lesións poden esixir operación e provocar perda de visión.