Os mortos e feridos cóntanse por decenas en Afganistán, despois dun cruel atentado con bomba perpetrado fronte a unha escola secundaria de nenas en Kabul. Cifras provisionais falan dunha corentena de falecidos e máis de medio centenar de feridos. Entre as vítimas hai moitas nenas do centro escolar de entre 11 e 15 anos. O barrio no que ocorreu o atentado, habitado pola minoría xiíta hazara, é o mesmo no que o ano pasado faleceron 16 persoas, incluídos dous bebés, nun ataque contra unha maternidade.