- A avaría foi localizada no subsolo do IES Ramón Caamaño polos operarios municipais
Este mércores o alcalde de Muxía, Iago Toba Campaña, sinalaba que os operarios municipais atoparan a causa da perda de agua dun depósito que abastecía a varias zonas do concello. A avaría foi localizada no subsolo do IES Ramón Caamaño e con isto púxose fin ás especulacións sobre se fora algo intencionado.
A través do seu perfil nunha rede social, Toba destacou o seu desexo foi ofrecer unha total «transparencia, dende o principio ata o final do proceso» xa que considera que «é a mellor maneira de que os veciños e veciñas confíen na palabra dada».
O problema do abastecemento da auga da traída comezaba a dar sinais durante a fin de semana cando, por causas descoñecidas, o depósito que abastece ao núcleo de Muxía, Armear, Os Muíños e Labexo entre outras zonas estaba quedando practicamente sen agua.
Mentres se investigaba o sucedido, desde o concello procederon ao transporte de auga como medida urxente.