Atopada sen vida dentro dun pozo unha veciña de Ponteceso

1 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia recibiu unha chamada a media mañá deste mércores da asistenta de C.V.V., unha veciña do lugar de Santo Tomé, na parroquia de Nemeño, de avanzada idade á que visitaba habitualmente e que vivía soa. Segundo informaba a comunicante, a anciá atopábase no interior dun pozo de auga xunto á súa vivenda. De inmediato trasladouse aviso a Protección Civil e ao GES de Ponteceso, así como á Policía Local, á Garda Civil e os Bombeiros de Carballo, que unha vez no lugar foron os encargados da recuperación do corpo da muller mediante un sistema de polipastos con cordas. As tarefas de evacuación foron complicadas xa que o corpo da vítima estaba a uns 5-6 metros de profundidade e o diámetro do pozo era moi estreito. Tras o correspondente trámite xudicial, trátase de esclarecer as causas e motivos deste tráxico suceso.

Vivenda onde se produciu o tráxico suceso.