Atopado sen vida o corpo dun octoxenario nunha piscina en Bergondo


Arredor da unha do mediodía deste venres, un familiar do home chamou ao 112 Galicia para informar do suceso, no lugar de Aldea Arriba, en Santa Marta.

Decontado, os profesionais do CIAE-112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, da Garda Civil, da Policía Local, dos Bombeiros de Betanzos e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo.

Xa desde o lugar e pese aos esforzos dos servizos médicos, os equipos de intervención confirmaron que nada se puido facer por salvarlle a vida ao home.