Atopan 21 quilos de cocaína entre carbón nun buque no porto exterior de Ferrol

1 minutes read
Imaxe de arquivo do porto exterior de Ferrol.

Dúas mochilas cargadas con cocaína apareceron este domingo no interior dun buque carboeiro que estaba atracado no porto exterior de Ferrol. O achado produciuse despois de que operarios do barco advertiran a presenza dun estraño sobre unha cuberta. Ao velos fuxiu, o que desatou todas as sospeitas e fixo que avisaran as autoridades. Unha vez a bordo, axentes de fronteiras da Garda Civil, realizaron unha inspección do barco. E nunha das adegas onde se transportaba o carbón, agochadas entre o mineral, detectaron a presenza das dúas mochilas. Unha vez examinadas detectaron no seu interior un contido compatible con algunha substancia estupefaciente. As sospeitas confirmáronse pouco despois, tras aplicaren a proba do drogotest, que deu un resultado positivo. Á espera da súa pesada oficial, calcúlase que portaban conxuntamente uns 21 quilos de cocaína.