19
Antonio Tuñas, veciño de Mazaricos de 72 anos desaparecera hai case un ano. Os restos foron atopados no límite dos concellos de Mazaricos e Outes.
A investigación intenta vincular agora esta morte co perigoso delincuente Pandolo, veciño seu que estaba de permiso o día da desaparición. Tuñas saíra da casa na mañá do 15 de decembro. Marchara conducindo o seu coche e non se volveu saber nada máis de el.
O seu vehículo apareceu días despois perfectamente aparcado nunha rúa de Carballo. Desde o primeiro momento descartouse que fose unha desaparición voluntaria.