41
- Os feitos aconteceron no lugar da Brea, na parroquia de Matalobos
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia este luns, ao fío das 10:00 horas, para alertar de que atopara o corpo sen vida dun home atrapado entre dous coches no interior dun taller na Estrada. Os feitos sucederon no lugar da Brea, na parroquia de Matalobos.
Nada máis ter coñecemento, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do GES da Estrada, do Servizo Municipal de Protección Civil, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local.
Xa no taller e unha vez liberado, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.