22
No mediodía deste domingo, unha persoa particular comunicaba o achado ao 112 Galicia.
No seu relato contaba que a muller estaba viva dentro da fonte, no lugar de Chan, Santa Cruz de Montaos, no concello de Ordes.
Nada máis recibir o aviso, o 112 Galicia informou dos feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela cara o lugar.
Do mesmo xeito, os xestores do 112 solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local para prestar apoio na aterraxe da aeronave, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos.