Atopan a unha persoa falecida nunha piscina en Carballeda de Valdeorras

Unha persoa foi localizada morta este venres á mañá nunha piscina de Carballeda de Valdeorrras. Segundo informa o servizo de emerxencias 112Galicia, o aviso chegou por parte dun particular contra ás 11:00 horas. Segundo indicou, acudira á piscina en Riodolas e observou unha persoa flotando nela. Desde o 112 informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se mobilizou ata o lugar pero só puido confirmar o falecemento da persoa. Tamén se desprazou a Garda Civil ata a zona.

Related posts

Un falecido logo de sufrir un atropelo en Verea | Un home tamén perdeu a vida tras un incendio en Aranga

Falece un operario tras caer por un terraplén coa máquina cargadora que manexaba en Vilamartín de Valdeorras

Un mozo de 22 anos mata supostamente a súa nai en Vilagarcía de Arousa e precipítase desde un terceiro piso