Atopan auga no planeta K2-18b, que podería albergar vida

O Planeta K2-18b contén auga na súa atmosfera. O achado é unha gran primicia, pois supón a primeira vez que se detecta auga nun astro potencialmente habitable. Este exoplaneta foi descuberto en 2015, conta segundo parece cunha superficie rochosa e ten unha temperatura compatible coa vida. O planeta K2-18b orbita ao redor dunha estrela anana vermella que emite máis radiación que o Sol. Está situado a 110 anos luz da Terra, ten o dobre de diámetro e unha masa 8 veces maior.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha