Atopan degolada a unha nena de 13 anos na súa casa en Mataró

Os Mossos d’Esquadra investigan a morte dunha menor de 13 anos que apareceu cun corte no pescozo na súa casa de Mataró, en Barcelona.

Foi a nai da nena, que se atopaba de viaxe en Rusia, quen avisou a un amigo para que se pasara pola súa casa despois de non ter noticias da súa filla.

O irmán da nena, de 16 anos, está en paradoiro descoñecido. Polo de agora están abertas todas as hipóteses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha